• 🏆 Parabéns ás persoas gañadoras do V Concurso de decoración mariñeira de balcóns, patíns e solainas, e grazas ás que formaron parte do xurado: Asociación A Solaina, Clube Mariño A Reiboa, Asociación Cultural Mare Podium, @armadinhxs.

#ArmadiñaRock2020 #aChousasemprenosa #onosopatrimonio
    00
    🏆 Parabéns ás persoas gañadoras do V Concurso de decoración mariñeira de balcóns, patíns e solainas, e grazas ás que formaron parte do xurado: Asociación A Solaina, Clube Mariño A Reiboa, Asociación Cultural Mare Podium, @armadinhxs. #ArmadiñaRock2020 #aChousasemprenosa #onosopatrimonio
  • 🏡 Na nosa programación non podía faltar o concurso de decoración mariñeira de balcóns, patíns e solainas do recinto histórico da nosa vila, que este ano celebra xa a súa V edición. Ás 12:30 terá lugar na Chousa a entrega de premios.

#ArmadiñaRock2020 #aChousasemprenosa
    00
    🏡 Na nosa programación non podía faltar o concurso de decoración mariñeira de balcóns, patíns e solainas do recinto histórico da nosa vila, que este ano celebra xa a súa V edición. Ás 12:30 terá lugar na Chousa a entrega de premios. #ArmadiñaRock2020 #aChousasemprenosa
  • 🐚👕 Último día!

... no que, en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, podedes pasar pola #carpaArmadinha na Chousa para facervos co merchan, a nosa lotaría de Nadal ou o kit Armadiña Kids para levar.

Como nos estades a preguntar, polo momento este é o único punto de venda, mais seguiremos informando ;)

#ArmadiñaRock2020 #aChousasemprenosa
    00
    🐚👕 Último día! ... no que, en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, podedes pasar pola #carpaArmadinha na Chousa para facervos co merchan, a nosa lotaría de Nadal ou o kit Armadiña Kids para levar. Como nos estades a preguntar, polo momento este é o único punto de venda, mais seguiremos informando ;) #ArmadiñaRock2020 #aChousasemprenosa
  • 📻 @atribo.gal especial Armadiña Rock!

A Chousa acubillou este serán a gravación dun podcast conducido de forma mestra polo noso amigo Bocixa. No programa interviron persoas da organización, armadinhxs, amizades, compas doutros festis, artistas... Foi ben bonito atopármonos, un ano máis, na forza e na ilusión. Poderedes escoitalo axiña ;)

#aChousasemprenosa #ArmadiñaRock2020
    00
    📻 @atribo.gal especial Armadiña Rock! A Chousa acubillou este serán a gravación dun podcast conducido de forma mestra polo noso amigo Bocixa. No programa interviron persoas da organización, armadinhxs, amizades, compas doutros festis, artistas... Foi ben bonito atopármonos, un ano máis, na forza e na ilusión. Poderedes escoitalo axiña ;) #aChousasemprenosa #ArmadiñaRock2020
  • 📖⚓ Nesta tardiña presentamos o proxecto #BDarmadinha 'O último festi' cos seus autores Pablo Prado e Fernando Llor.

Queredes un petisco? Descargade un pequeno adianto na seguinte ligazón: https://we.tl/t-yPM0kgOnmK ;)

#ArmadiñaRock2020 #oultimofesti #aChousa
    00
    📖⚓ Nesta tardiña presentamos o proxecto #BDarmadinha 'O último festi' cos seus autores Pablo Prado e Fernando Llor. Queredes un petisco? Descargade un pequeno adianto na seguinte ligazón: https://we.tl/t-yPM0kgOnmK ;) #ArmadiñaRock2020 #oultimofesti #aChousa
  • Esta tarde inauguramos a exposición 'Armadiña Rock: a forza do colectivo', instalada na Praza da Chousa en formato tótem. Nela coñeceredes un pouquiño máis o labor da asociación e de todas as caras que conforman o noso festival. 

#ArmadiñaRock2020 #aChousasemprenosa
    00
    Esta tarde inauguramos a exposición 'Armadiña Rock: a forza do colectivo', instalada na Praza da Chousa en formato tótem. Nela coñeceredes un pouquiño máis o labor da asociación e de todas as caras que conforman o noso festival. #ArmadiñaRock2020 #aChousasemprenosa
  • Ei, piratiña! Pasa hoxe ou mañá pola nosa carpa na Praza da Chousa e recolle un destes cadernos. Con el viaxarás pola historia do festi a través de debuxos para colorear. Ah! E poderás deseñar a túa imaxe para o Armadiña Rock 2021! Atréveste? Mándanos a túa obra de arte a armadinha.rock@armadinha.gal 🎨

#ArmadiñaKids #ArmadiñaRock2020 #aChousasemprenosa
    00
    Ei, piratiña! Pasa hoxe ou mañá pola nosa carpa na Praza da Chousa e recolle un destes cadernos. Con el viaxarás pola historia do festi a través de debuxos para colorear. Ah! E poderás deseñar a túa imaxe para o Armadiña Rock 2021! Atréveste? Mándanos a túa obra de arte a armadinha.rock@armadinha.gal 🎨 #ArmadiñaKids #ArmadiñaRock2020 #aChousasemprenosa
  • 🐚👕 Xa soou a bughina e as dornas chegaron a Combarro ateigadas de merchandising!!! 

Queres facerte coas camisolas, as pulseiras, as bolsas ou as chapas do Armadiña Rock? Achégate á Praza da Chousa e pon a túa mellor cara de pirata ;) Estaremos hoxe e mañá na carpa Armadiña. Vento en popa!

#ArmadiñaRock2020 #aChousasemprenosa #equipaArmadiña
    00
    🐚👕 Xa soou a bughina e as dornas chegaron a Combarro ateigadas de merchandising!!! Queres facerte coas camisolas, as pulseiras, as bolsas ou as chapas do Armadiña Rock? Achégate á Praza da Chousa e pon a túa mellor cara de pirata ;) Estaremos hoxe e mañá na carpa Armadiña. Vento en popa! #ArmadiñaRock2020 #aChousasemprenosa #equipaArmadiña
  • 22 AGOSTO - 'MILONGA DE AQUÍ' NO COMBARRO SONORO 🌊🎸

E quero bailar ao ritmo do que vive ilusionado, e coa voz do silenciado cantar quero con paixón... 🎵

O sábado poderedes escoitar a 'Milonga de aquí' que canta Sés desde a Praia do Padrón. Unha vista fantástica de Combarro a que se enxerga ao fondo, non si? ;)

#ArmadiñaRock2020 #aChousasemprenosa
    00
    22 AGOSTO - 'MILONGA DE AQUÍ' NO COMBARRO SONORO 🌊🎸 "E quero bailar ao ritmo do que vive ilusionado, e coa voz do silenciado cantar quero con paixón..." 🎵 O sábado poderedes escoitar a 'Milonga de aquí' que canta Sés desde a Praia do Padrón. Unha vista fantástica de Combarro a que se enxerga ao fondo, non si? ;) #ArmadiñaRock2020 #aChousasemprenosa